|
Mercadiño solidario na EOI |

Recadación íntegra para ás víctimas do terremoto de Haití
O xoves 4 ás 10.30 horas fíxose entrega da totalidade do recadado para Haití (1.956,95 €) á doctora Amaia Pérez Izaguirre de Médicos Sen Fronteiras
Todos coñecemos a terrible desgracia que recentemente asolou Haiti. E esta escola , EOI de Vigo quixo poñer o seu gran de area para paliar, na medida do posible, esa catastrofe humanitaria.
Para elo organizamos un “mercadiño solidario”, e durante 8 días fíxose un intercambio de libros usados entre os membros desta escola. Todo o mundo colaborou traendo libros da casa, levando libros do mercadiño e deixando unha doazón. Estamos realmente encantados pola solidaridade amosada pola comunidade escolar.

Quixemos que o diñeiro recadado- 1956€95- fose para MSF, institución de total fiabilidade dentro do mundo das ONGs. Temos a satisfacción de entregar o resgardo do diñeiro ingresado na Caixa a Dona Amaia Pérez Izaguirre, médico representante da ONG, MSF. Moitas grazas
Cristina González. Directora da EOI de Vigo
A nova no Faro de Vigo
|