EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
O Centro / Novas
11 xaneiro 2017

GRUPOS “CONVERSA EN...”


GRUPOS “CONVERSA EN...”                       Data de comezo: a partir do 6 de febreiro de 2017

Intercambio cultural e idiomático entre alumnado non español e o resto do alumnado.

Prácticas de conversación entre alumnado de niveis avanzados e niveis básicos

A EOI de Vigo anima ao alumnado de español a ser “dinamizadores” dun grupo “Conversa en...” no seu idioma nativo e ao alumnado de nivel Avanzado 2 e C1 doutros idiomas a compartir os seus  coñecementos con niveis máis básicos.

@s “alumn@s dinamizador@s>dun grupo “Conversa en...” serán alumnado da EOI de Vigo nativo dalgunha das linguas que se imparten na EOI ou nativo doutras linguas non impartidas así como alumnado de nivel Avanzado 2 ou C1 que se fagan responsables dun grupo de práctica de conversación.

@s alumn@s que queiran ser “dinamizador@s” dun grupo “Conversa en...” deben presentar na conserxería ou na vicedirección unha breve proposta (formulario na conserxería e máis abaixo) especificando o idioma, o nivel e os posibles temas nos que se poderían centrar as sesións do seu grupo así como un enderezo de e-mail para que o alumnado interesado se poña en contacto coa persoa dinamizadora.

Cada asistente contribuirá cunha cantidade simbólica de 1€ por sesión que entregará ao alumno/a dinamizador/a.

Ao dinamizador con máis sesións e máis asistentes de media premiaráselles cun vale de 25 euros en libros ao finalizar o curso.

A EOI publicará a partir do 13 de xaneiro unha listaxe que se actualizará regularmente cos grupos “Conversa en...” da EOI con información sobre idioma, horario, lugar e data de comezo e o contacto do dinamizador.

 

Para saber máis e coñecer os detalles e condicións, le as  NORMAS XERAIS e descarga o FORMULARIO DE PROPOSTA.

Para seguimento e optar ao premio debe cubrirse cada semana a seguinte FICHA DE SEGUIMENTO/SEGUIMIENTO.

EN ESPAÑOL: Para saber más y conocer los detalles y condiciones lee las NORMAS GENERALES y descarga el FORMULARIO DE PROPUESTA.

Data de comezo: a partir do 6 de febreiro 2017

PROPOSTAS DE GRUPOS PARA IDIOMAS IMPARTIDOS NA EOI

 

PROPOSTAS DE GRUPOS PARA OUTROS IDIOMAS NON IMPARTIDOS NA EOI

 

 NOTA: Gustaríanos tamén ter algún/ha dinamizador/a de galego e español para os niveis básico e intermedio destas linguas.

Fin do programa no curso 2016/17: 23 maio 2017.

ENTREGA DO PREMIO AO ALUMNO/A MÁIS DINAMIZADOR/A: 26 DE MAIO NA FESTA-CONCERTO FIN-DE-CURSO, 19:30H, CAFETERIA DA EOI



EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599