EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
O Centro / Novas
23 abril 2017

BOOKCROSSING NA EOI DE VIGO


BOOKCROSSING NA EOI DE VIGO

Qué é o bookcrossing?

O bookcrossing nace como a práctica de deixar un libro nun lugar público para que outros o atopen e o poidan ler e así sucesivamente.

Cómo funciona?

Dende a primeira semana de abril temos o noso propio bookcrossing na EOI de Vigo. Hai catro puntos de intercambio na escola: na cafetería, no entrechán, no vestíbulo da entrada principal (punto de contribución) e na sala de lectura. Atópanse libros de todos os idiomas impartidos no centro, clasificados con etiquetas de cores segundo o idioma. O alumno/a colle o libro, e retórnao cando o remate, deixando este en calquera dos puntos de bookcrossing. É realmente un intercambio de libros sen propietario, as persoas achegan libros seus e a súa vez collen libros que deixan outras persoas.

Se o alumno ou alumna desexa contribuír, pode achegar un libro seu e deixalo no punto de contribución ó bookcrossing que está na planta de entrada da escola. Alí só ten que encher unha ficha co seu nome como doador , o título do libro e o autor así como pegarlle unha etiqueta de cor segundo o idioma.

Estes libros son libres. Unha vez se “liberan” para o bookcrossing , non se pode esperar recuperalos.

Participa

Colle un libro, leo, libérao!

 



EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599