EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
O Centro / Novas
22 xuño 2017

Selo europeo de calidade en Portugal e España para o proxecto eTwinning "Spring / Easter wishes"


Selo europeo de calidade en Portugal e España para o proxecto eTwinning
O proxecto eTwinning "Spring / Easter wishes" coordenado pola profesora da EOI de Vigo Patricia Conde durante o curso académico 2016-17 obtivo o selo de calidade en España e Portugal. O proxecto contou coa participación de alumnado de inglés de centros educativos de Portugal e da Galiza (Escola Secundária D. Inês de Castro en Alcobaça, IES Álvaro Cunqueiro en Vigo e a EOI de Vigo) e de alumnado de español dun centro educativo da Suecia (Björknäsgymnasiet, Boden), e permitiu aos participantes unha aproximación intercultural e práctica linguística co intercambio de postais e comentarios en liña sobre a primavera e/ou a Pascua e as celebracións asociadas nos respectivos países, de forma inclusiva e independente da relixión ou orixe cultural de cada persoa.

EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599