EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
O Centro / Novas
25 outubro 2017

Incendios: Colaboración nas labores medioambientais de recuperación das zonas afectadas


A Escola Oficial de Idiomas de Vigo e as súas Seccións, en solidariedade con todos os afectados polos incendios dos pasados 15 e 16 de outubro, quere contribuir a difundir  informacións importantes con respecto ao mellor xeito de colaborar na recuperación das zonas queimadas.

Tal e como salienta a Sociedade Galega de Historia Natural, non debemos actuar por iniciativa propia, porque "unha boa intención non ten por qué dar bos resultados", senón que sempre debemos facelo de xeito organizado e guiado por persoas expertas e os entes públicos e comunidades de montes da zona. Recomendamos a lectura da seguinte guía na web de dita sociedade: Guía de actuacións nunha zona queimada

Difundimos a seguir os contactos co servizo de voluntariado dos concellos de Vigo e Ponteareas dos que sabemos que están a poñer en marcha actuacións neste eido:

VIGO

O Concello de Vigo pon a disposición da cidadanía un teléfono e un correo electrónico para atender cuestións relacionadas cos incendios dos días 15 e 16 de outubro. A través deste servizo todas aquelas persoas que desexen colaborar poderán anotarse para participar nas actividades de voluntariado que organicen para a recuperación dos montes vigueses.
O número de teléfono habilitado é o 986616388. O horario de atención é de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. O enderezo electrónico de contacto é atenciondanosevoluntarios@vigo.org


PONTEAREAS

O Concello de Ponteareas habilitou un formulario na súa páxina web para todos os que estean interesados en colaborar nas labores medioambientais de recuperación das zonas afectadas polos incendios poidan inscribirse e ser contactados e informados das diferentes accións http://ponteareas.gal/formulario-alta-voluntariado-recuperacion-incendios/

EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599