EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
O Centro / Novas
07 novembro 2017

Bolsas do Concello de Vigo 2018: prazo de solicitude 6/11/2017-17/11/2017


As Bolsas do Concello de Vigo para estudantes da EOI de Vigo (convocatoria de 2018) foron publicadas no BOP e o prazo de presentación de solicitudes no rexistro do Concello será dende o próximo luns día 6 de novembro de 2017 ata o venres día 17 de novembro de 2017 inclusive.

Destínanse a alumnado da EOI e das súas seccións, matriculado no curso 2017-2018 nos niveis Intermedio, Avanzado e C1 dos idiomas especificados na convocatoria  (soamente Avanzado e C1 no caso do portugués), que:
  • estea empadroado no Concello de Vigo con vixencia mínima de 1/1/2017;
  • teña aprobados dous cursos oficiais presenciais na EOI de Vigo nos últimos 5 anos no idioma no que solicita a bolsa (é necesario solicitar na secretaria da EOI un certificado específico para a solicitude das bolsas).

As bolsas destínanse á realización dunha estancia lingüística no estranxeiro de dúas semanas de duración no país da língua estudada, nas datas que a persoa beneficiaria escolla (antes de setembro de 2018).

Consulte as bases, todos os requisitos e a documentación necesaria na páxina web do Concello de Vigo:

https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=2780&lang=ga

ou nos seguintes ficheiros:



EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599