EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
O Centro / Novas
22 xuño 2018

INFORMACIÓNS SOBRE O CURSO 2018-2019 NA EOI DE VIGO: NOVA NORMATIVA


INFORMACIÓNS SOBRE O CURSO 2018-2019 NA EOI DE VIGO
NOVA NORMATIVA

Segundo o Real Decreto 1041/2017, de 22 de decembro a partir do curso 2018-2019 empezará a aplicarse a LOMCE aos estudos das Escolas Oficiais de Idiomas.

Resumimos a continuación os cambios e instrucións que ata o día de hoxe temos á nosa disposición así como as datas de matrícula e de probas de clasificación para a EOI de Vigo e as súas seccións. Pinche nos seguintes enlaces:

- Información ao alumnado: datas de matrícula en xullo para os aptos en xuño, datas de matrícula en setembro, datas de matrícula para as probas de clasificación (ou de nivel), cambios na organización dos estudos segundo o Real Decreto 1041/2017 e táboas de acceso dende os plans de estudo anteriores.

- Cadro de accesos: pequeno resumo para facilitar a consulta e aclaración de dúbidas sobre as principais novidades e cal é o curso que terá que facer o vindeiro ano o noso alumnado actual dependendo dos seus resultados.

É importante non confundir nin mesturar as nomenclaturas dos plans antigos e a nomenclatura do novo plan de estudos.

A normativa galega será publicada durante o verán e a partir dese momento poderemos tamén actualizar as informacións da nosa web.

EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599