EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
O Centro / Actividades culturais / Actividades
12 decembro 2017

Recollida solidaria e Nadal festivo na Sección de Cangas - PUB QUIZ


Recollida solidaria e Nadal festivo na Sección de Cangas - PUB QUIZ
PUB QUIZ
Vén celebrar o Nadal coa VIII edición do noso tradicional Pub Quiz!

Animádevos a celebrar a chegada do Nadal participando na VIII edición do noso tradicional Pub Quiz, o xoves 21 de decembro ás 18:00h no Hotel Airiños de Cangas. 

Apuntádevos por equipos nas táboas que podedes atopar no taboleiro do IES de Rodeira, con compañeir@s de distintos cursos e idiomas (inglés-francés) para formar equipos o máis heteroxéneos posible.

Haberá premio especial para os integrantes do equipo gañador e tamén agasallos para os participantes, ademáis de moi bo ambiente, música e moita diversión!
 
E ademáis... actuacións musicais sorpresa durante o pub quiz.
Agardámosvos!

Enlace para ver fotos do evento: http://eoiseccioncangas.blogspot.com.es/

---
II Recollida de alimentos e xoguetes para o Comedor Social de Cangas

Por segundo ano, volvemos contar coa colaboración dun establecemento local, Shambala Tenda Ecolóxica, para lle entregar a cada persona que pase a deixar doazóns unha rifa coa que entrarán a participar no sorteo dunha cestiña de produtos ecolóxicos cortesía da dita tenda. 

Para ler a noticia no Faro de Vigo premer aquí
https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=2&uid=60518&mailbox=SU5CT1g&uniq=1513194781978
 

EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599