EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
O Centro / Actividades culturais / Actividades
03 febreiro 2018

GRUPOS “CONVERSA EN...” - Data de comezo: a partir do 23 de xaneiro de 2018


GRUPOS “CONVERSA EN...”
Data de comezo: a partir do 23 de xaneiro de 2018

Intercambio cultural e idiomático entre alumnado de español e o resto do alumnado (2017/18).

A EOI de Vigo anima ao alumnado de español a ser “dinamizadores” dun grupo “Conversa en...” no seu idioma nativo para compartir a súa lingua e a súa cultura coa alumnado que a está a aprender.

@s “alumn@s dinamizador@sdun grupo “Conversa en...” serán alumnado da EOI de Vigo nativo dalgunha das linguas que se imparten na EOI ou nativo doutras linguas non impartidas que se fagan responsables dun grupo de práctica de conversación.

@s alumn@s que queiran ser “dinamizador@s” dun grupo “Conversa en...” deben presentar na conserxería ou na vicedirección unha breve proposta (formulario na conserxería e máis abaixo) especificando o idioma, o nivel e os posibles temas nos que se poderían centrar as sesións do seu grupo así como un enderezo de e-mail para que o alumnado interesado se poña en contacto coa persoa dinamizadora.

Cada asistente contribuirá cunha cantidade simbólica de 1€ por sesión que entregará ao alumno/a dinamizador/a.

Ao dinamizador/a con máis sesións e máis asistentes de media premiaráselles cun vale de 25 euros en libros ao finalizar o curso.

A EOI publicará a partir do 22 de xaneiro unha listaxe que se actualizará regularmente cos grupos “Conversa en...” da EOI que se propoñen e con información sobre idioma, horario, lugar e data de comezo e o contacto do dinamizador. Contactar por email ou asistir na hora e día proposto á cafetería da EOI

 

Para saber máis e coñecer os detalles e condicións, le as  NORMAS XERAIS e descarga o FORMULARIO DE PROPOSTA.

Para seguimento e optar ao premio debe cubrirse cada semana a seguinte FICHA DE SEGUIMENTO/SEGUIMIENTO.

EN ESPAÑOL: Para saber más y conocer los detalles y condiciones lee las NORMAS GENERALES y descarga el FORMULARIO DE PROPUESTA. Para seguimiento y optar al premio debe cubrirse cada semana la siguiente FICHA DE SEGUIMENTO/SEGUIMIENTO. Las fichas y formularios los puede recoger también en conserjería, donde debe dejarlos cubiertos.

Data de comezo: a partir do 23 de xaneiro 2018
Preme no seguinte enlace para coñecer as

PROPOSTAS DE GRUPOS CONVERSA EN ...

 

 NOTA: Gustaríanos tamén ter algún/ha dinamizador/a de galego e español para os niveis básico e intermedio destas linguas.



EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599