EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
O Centro / Dinamización lingüística / Actividades do EDL
16 abril 2018

RECOMÉNDOCHE UN LIBRO: III Concurso 'O Ollo de Vidro' (2018) de booktrailers


RECOMÉNDOCHE UN LIBRO: III Concurso 'O Ollo de Vidro' (2018) de booktrailers
Ábrese o prazo para participar no
III concurso "O Ollo de Vidro"
de recomendación de lecturas a través dun vídeo en galego dentro do proxecto "Recoméndoche un libro" iniciado polos Equipos de Dinamización e Normalización da Lingua Galega da EOI de Vigo e do IES Castelao e a Biblioteca X. Neira Vilas en colaboración con outras entidades especificadas abaixo e na web oficial do proxecto "Recoméndoche un libro".

É un concurso aberto a todas as persoas que queiran participar cun vídeo recomendando lecturas concretas ou ao redor da animación á lectura. Os 
traballos audiovisuais serán publicados na canle de Youtube: Recomendocheunlibro.

Haberá diversos premios segundo a valoración dos visitantes da canle e do xurado do concurso.
Anímate a participar!
 

Podes consultar as bases e toda a información na web do proxecto recomendocheunlibro.com  ou  clicar aquí para descargar o tríptico informativo.



EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599