EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
O Centro / Dinamización lingüística / Actividades do EDL
14 marzo 2018

O EDL da EOI organiza o obradoiro en galego 'Contaminación luminosa' o 15 de Marzo ás 20 h.


O EDL da EOI organiza o obradoiro en galego 'Contaminación luminosa' o 15 de Marzo ás 20 h.
 
O EDL da EOI de Vigo organiza un obradoiro sobre 

"Contaminación luminosa"

Xoves, 15 de Marzo ás 20 h.  Aula S1.
 Presenta: Calidade do Ceo Nocturo
 
O obxectivo xeral do obradoiro é capacitar aos asistentes para criticar e valorar calquera tipo de iluminación artificial noctura dando as ferramentas necesarias para coñecer as consecuencias que os diferentes tipos de luz teñen na contorna na que se instalan. 
No obradoiro aprenderemos a diferenciar a mala e a boa iluminación, por que as temperaturas de cor son importantes, que cambios e consecuencias supuxo a tecnoloxía LED e a súa instalación desenfreada; falaremos de diferentes estudos científicos en materias diversas como economía, delincuencia, bioloxía, saúde, seguridade vial, medio ambiente, entre outros, e descubriremos como medir e interpretar resultados de contaminación luminosa para poder mergullar nesta problemática sen perdernos.
O desenvolvemento do obradoiro farase con exemplos reais, con xogos e favorecendo a participación dos asistentes.
 
Preinscricións en: conserxería
                             eoi.vigo.edl@gmail.com
                             986260210
 
Ademáis haberá unha exposición de Telescopios no vestíbulo da EOI dende o 5 ao 15 de marzo..
 


EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599