Image 
Image 
Image 
Seccións Matrícula 2010-11
10 | 09 | 2010
Matrícula 2010-11

Prazos de matrícula 2010-2011

Período de matrícula ordinaria:

Do 28 de xuño ao 28 de xullo para:
  1. Alumnado oficial coa cualificaciȯn de Apto na convocatoria ordinaria de xuño de 2010.
  2. Alumnado  procedente  do  programa  de  inglés  a  distancia "That's English!", aprobado na convocatoria ordinaria de xuño de 2010.
Do 19 ao 28 de xullo para o alumnado de novo acceso preinscrito nos cursos de 1º de nivel básico que obtivera praza na adxudicación
do 16 de xullo.
O alumnado anterior (aprobado en xuño e alumnado de 1º de nivel básico) que  non formalizase a súa matrícula no prazo ordinario poderá facelo ademáis do 1 ao 7 de setembro de 2010.
  
Todo o alumnado de novo acceso deberá realizar unha preinscrición en liña a través da aplicación informática existente para tramitar a súa solicitude de praza.

  

Período de matrícula extraordinaria

  • Do 8 ao 16 de setembro para o alumnado oficial da escola e alumnado procedente do programa That’s English coa cualificación de Apto, Non apto ou Non presentado na convocatoria extraordinaria de setembro.
  • Do 17 ao 22 de setembro para o alumnado de novo acceso que obtivera praza na adxudicación do día 16 de setembro, incluídos os de 1º de nivel básico.
Finalizado o proceso de matrícula e ata o 15 de outubro no caso de que quedaran prazas vacantes, a escola poderá  cubrir as mesmas de acordo coas listaxes de espera en caso de habela, ou atendendo ás peticións do alumnado de novo acceso que non realizara o proceso de preinscrición. Non se poderá facer púbIica ningunha oferta de prazas vacantes mentres existan listaxes de espera.

  

Procedemento de matrícula

O alumnado oficial do curso 2009-2010 que desexe seguir estudos no curso 2010-2011 no mesmo idioma e escola deberá realizar obrigatoriamente  a matrícula en liña nos prazos establecidos e sen necesidade de facer preinscrición a través do acceso https://www.informaticacentros.com/xunta,  de  acordo  coas  instrucións  que  figuran no anexo lV.
 
O alumnado procedente do programa That’s English que desexe matricularse nun curso presencial, deberá dirixirse á secretaría da EOI ou á sección de Tui, co obxecto de que sexa dado de alta no programa Codex e Centrosnet e poder formalizar a matrícula “on-line”. 
 

Preinscrición

Todo o alumnado de novo acceso deberá realizar unha preinscrición en liña a través da aplicación informática existente para tramitar a súa solicitude de praza.
Ademais do alumnado que solicita cursar estudos no 1º curso de nivel básico na EOI por primeira vez nun idioma, terá a consideración de alumnado de novo acceso o seguinte:
  • Alumnado procedente das probas de clasificación.
  • Alumnado de acceso directo por titulación ou certicación académica.
  • Alumnado que se incorpora á ensinanza presencial tras superar as probas específicas de certificación polo réxime libre, agás o alumnado oficial que tamén se matriculara por libre para realizar unha proba de certificación superior ao curso oficial no que estaba matriculado, que no caso de superar a dita proba libre poderá matricularse sen necesidade de realizar preinscripción.
  • Alumnado procedente de traslado de matrícula.
  • Antigos alumnos que non estîveran matricuIados polo réxime oficial no curso anterior.
  • Alumnado oficial do curso 2009-2010 que renunciara a matrícula.

Prazo de preinscrición:
Para os cursos de 1º de nivel básico : dende o 28 de xuño ata o 15 de xullo.
Novo prazo para os cursos de 1º de nivel básico:  dende o  29 de xullo ata o 15 de setembro.
Para os demais cursos : dende o 28 de xuño ata o 15 de setembro.
 
O día 16 de xullo, ás 23.00 h, publicaranse na web as listaxes de admitidos nos cursos de 1º de nivel bȧsico, que deberán formalizar a matrícula no grupo adxudicado entre o 19 e o 28 de xullo na secretaría da EOI.
O día 16 de setembro, ás 23.00h, publicaranse na web as listaxes de admitidos nos cursos distintos de 1º de básico, así como  as adxudicacións das prazas dos cursos de 1º de niveI básico que quedaran libres trala adxudicación de xullo. As persoas que obteñan praza deberán formalizara  matrícula  no  grupo  adxudicado  ata  o  día  22  de  setembro  na  secretaría da EOl.
 
Todas as preinscricións deberán formalizaranse obrigatoriamente en liña nos  prazos  establecidos  nesta  circular,  a  través  do  acceso
https://www.eoidigital.com/preinsxunta, de acordo coas instrucións que figuran no anexo III.