MATRÍCULA 2011-2012
1. Prazos:
- Alumnado oficial e procedente do programa That’s English! do curso 2010-2011 que continúa no mesmo idioma:
- Aptos en xuño: do 27 de xuño ao 15 de xullo.
- Aptos, non aptos e non presentados en setembro: do 5 ao 15 de setembro.
- Alumnado novo de Básico 1 admitido no sorteo do 15 de xullo: matricularase do 18 ao 27 de xullo.
- Alumnado novo admitido no sorteo do 15 de setembro: matricularase do 16 ao 23 de setembro.
- Se quedan prazas vacantes, cubriranse do 23 de setembro ata o 15 de outubro.
2. Procedemento:
2.1. Obrigatoriamente por Internet, nos prazos establecidos, a través do acceso:
Esta matrícula permite reservar praza no grupo de elección do alumno e en función das vacantes existentes.
2.2. Unha vez realizada a reserva en Internet, e obtida a correspondente confirmación por duplicado, deberase proceder ao pagamento dos prezos públicos e presentar na secretaría do centro, no prazo establecido, a seguinte documentación aos efectos de formalización de matrícula:
- Dúas copias de confirmación da reserva realizada en Internet.
- Xustificante de pagamento cos certificados de exención ou reducción, se é o caso.
- Resgardo de ter lida a información respecto da matrícula para o curso 2011-2012
- Solicitude de adaptacións das probas para alumnado con necesidades específicas, se é o caso.
- Compromiso dos titores legais dos menores a facer o seguimento das faltas do/a alumno/a xunto co DNI do/a titor/a, se é o caso.
2.3. O alumnado de novo acceso deberá presentar, ademais do anterior, a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI ou NIE (no caso de estranxeiros)
- Para o alumnado menor de 16 anos, fotocopia compulsada de documentación que acredite a primeira lingua estranxeira cursada no réxime ordinario no presente curso escolar.
- Os certificados que acrediten os accesos a cursos distintos a Básico 1.
- O alumnado que acceda por validación do bacharelato terá que presentar unha certificación emitida polo centro onde cursou o bacharelato, onde se especifique a lingua que cursou como 1.ª lingua estranxeira e que aboou as taxas da expedición do título.
- Unha foto.
2.4. Na sección de Tui, a formalización da matrícula realizarase a través da secretaría da propia sección. Nas seccións no IES “Alexandre Bóveda” (Coia), no IES de Rodeira (Cangas) e no IES “Val do Tea” (Ponteareas), e no IES “Escolas Probal” (Nigrán), non se tramitará ningunha solicitude; este alumnado terá que pasar pola secretaría da Escola de Idiomas de Vigo na rúa Martínez Garrido, 17.
INFORMACIÓN XERAL RESPECTO DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2011-2012
Información complementaria: Procedemento de matriculación en liña (PDF) (anexo IV da Circular 6/20011)
Circular 6/2011 de admisión e matrícula 2011-2012 (PDF).
|