EOI de Vigo

CONDICIÓNS DE ACCESO PARA O CURSO 2011-2012

1. Para acceder a estas ensinanzas será requisito imprescindible ter dezaseis anos cumpridos no ano en que se comecen os estudos.

2. Poderán acceder así mesmo aquelas persoas que teñan cumpridos catorce anos, ou que os cumpran antes do 31 de decembro de 2011, para seguir as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na educación secundaria obrigatoria como primeira lingua estranxeira.

3. Poderase acceder directamente a un curso distinto de 1° de nivel básico a través das seguintes vías:

a. Os certificados do nivel básico e intermedio darán acceso ás ensinanzas do nivel intermedio e avanzado respectivamente.

b. O título de bacharel dará acceso ao nivel intermedio da primeira lingua estranxeira cursada no bacharelato. Isto non suporá, en ningún caso, a expedición do certificado do nivel básico.

c. As probas de clasificación permitirán a incorporación a calquera nivel e curso daquelas persoas que dispoñan de coñecementos previos do idioma. Non poderá matricularse nunha proba de clasificación o alumnado que cursera estudos presenciais no curso 2009-2010 ou 2010-2011. O resultado destas probas terá unha vixencia de dous cursos académicos para os efectos de formalización de matrícula oficial.

d. As titulacións ou certificados acreditativas de ter coñecementos do idioma no que solicita praza dará acceso a calquera curso segundo as equivalencias establecidas na táboa do anexo II da Circular 6/2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

4. Para os cursos non ordinarios de actualización de coñecementos de idiomas e para a formación do profesorado, colectivos profesionais e público en xeral, os requisitos e o procedemento de acceso serán establecidos na súa convocatoria correspondente.

5. O acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial na modalidade a distancia “That’s English!” será obxecto dunha normativa específica por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

6. O profesorado de EOl non poderá cursar estudos de idiomas no mesmo centro no que imparte docencia, e en ningún caso se poderá matricular do mesmo idioma que imparte en ningunha EOl.

7. Todo o alumnado de novo acceso deberá realizar unha preinscrición en liña a través da aplicación informática existente para tramitar a súa solicitude de praza.