EOI de Vigo

PREINSCRICIÓN 2011-2012

Ten a obriga de preinscribirse todo o alumnado que non estivera matriculado na modalidade presencial ou a distancia no curso 2010-2011. Se este alumnado desexa estudar un novo idioma, debe realizar preinscrición.

 1. Alumnado que ten que preinscribirse:

  1. Alumnado procedente das probas de clasificación.
  2. Alumnado de acceso directo por titulación ou certificación académica.
  3. Alumnado que se incorpora á ensinanza presencial tras superar as probas específicas de certificación polo réxime libre.
  4. Alumnado procedente de traslado de matrícula.
  5. Antigos alumnos que non estiveran matriculados polo réxime oficial no curso anterior.
  6. Alumnado oficial do curso 2010-2011 que renunciara a matrícula.

2. Prazos de preinscrición:

  • Básico 1: do 27 de xuño ao 14 de xullo
  • Todos os demais cursos: do 27 de xuño ao 14 de setembro.

(Consulte tamén os prazos de matrícula)

3. Procedemento:

  1. Obrigatoriamente por Internet, nos prazos establecidos, a través do acceso https://www.eoidigital.com/preinsxunta
  2. Por cada idioma haberá unha única preinscrición con catro preferencias priorizadas de grupos; e só poderá solicitar praza nun máximo de dous idiomas.
  3. A solicitude realizada poderá ser consultada, modificada e incluso eliminada en calquera momento sempre que o proceso non estea cerrado segundo os prazos establecidos.
  4. No caso de que o número de solicitudes supere a oferta de prazas, estas adxudicaranse utilizando como referencia a letra “L” do primeiro apelido, e en sentido descendente do alfabeto.
  5. Despois de publicarse na web as listaxes de admitidos/as, este alumnado deberá formalizar a matrícula (ver prazos e procedemento de matrícula) no grupo adxudicado na secretaría da Escola e no horario que a escola estableza.

4. Publicación na web do alumnado admitido

  1. Básico 1: día 15 de xullo ás 23:00 h
  2. Todos os demais cursos: día 15 de setembro ás 23:00 h
  3. Adxudicación de prazas de básico 1 que quedaran libres en xullo: día 15 de setembro ás 23:00 h

Información complementaria:
Procedemento de preinscrición en liña (PDF) (anexo III da Circular 6/2011)

Circular 6/2011 de admisión e matrícula 2011-2012 (PDF)