Image 
Image 
Image 
Seccións Modalidades de matrícula Cursos monográficos
10 | 09 | 2010

Cursos monográficos

Qué son?

A Escola Oficial de Idiomas de Vigo, consciente das continuas variacións nas necesidades de mercado e co interese de ampliar o seu abano de actividades, ofrece, a partir do curso 2006-2007, unha serie de monográficos que permitirán recibir unha formación máis específica e pormenorizada, centrada en linguaxes de especialidade ou no desenvolvemento de capacidades lingüísticas concretas (conversación, audición, etc.)

Estes cursos serán de natureza cuadrimestral e terán unha duración de 60 horas, coa súa correspondente certificación oficial. Os grupos serán reducidos (aproximadamente 20 alumnos) e haberá cursos en horario matinal ou de tarde (consultar horarios concretos no período de matrícula)

Se es antigo alumno da escola, profesor interesado en ampliar a túa formación, estudante de calquera nivel, profesional con inquietudes lingüísticas ou necesidades de idioma para mellorar o teu currículo ou simplemente se buscas algo máis específico, alén da clásica certificación de ciclo da EOI, aproveita esta novidade.

 

Oferta 2009-10