EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Admisión do alumnado / Información Xeral / Matrícula Oficial

Información Xeral Matrícula Oficial

Información xeral sobre a matrícula oficial para o curso 2017-18
A matrícula oficial está dirixida ao alumnado que desexa asistir presencialmente aos cursos ordinarios que ofrece a EOI de Vigo.

Se quere matricularse na modalidade oficial na EOI de Vigo debe ter en conta o seguinte:
· As clases son presenciais e certifican 130 horas por cada curso.
 
· Para acceder aos estudos das EEOOII deberá cumprir o requisito de idade:
16 anos cumpridos antes do 31 de decembro do ano de comezo dos estudos ou
14 anos para calquera idioma distinto ao que ten como 1.ª lingua estranxeira na ESO

· O alumnado estranxeiro non comunitario debe posuír a tarxeta de residencia (NIE)

· Pode comezar os estudos desde o 1.º curso (básico 1), ou ben acceder a un curso superior polas vías de acceso establecidas se vostede xa posúe coñecementos previos do idioma.

· Non pode matricularse nun curso xa aprobado nin tampouco nun curso de nivel inferior a outro xa cursado en anos anteriores (agás que tivese renunciado)

· Cada persoa ten dereito ao dobre de matrículas que cursos ten o nivel, tendo en conta que non computan nin os anos feitos no anterior plan de estudos, nin as matrículas na modalidade libre ou a distancia nin as renuncias.

· A EOI de Vigo ofrece cursos de 9 idiomas diferentes (alemán, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués e xaponés) na sede central de Vigo. A EOI de Vigo ten ademáis 6 seccións nas que se ofrecen:
  • no IES Alexandre Bóveda (Coia): alemán, francés,inglés e italiano
  • no IES Rodeira (Cangas): inglés e francés
  • no IES Escolas Proval (Nigrán): inglés
  • no IES Val do Tea (Ponteareas): inglés
  • no IES San Paio (Tui): chinés, francés, inglés e portugués
  • no IES Pedro Floriani (Redondela): inglés
 
· Como as prazas dispoñibles son menos que os solicitantes, o alumnado de novo ingreso, que non estivese matriculado ou que tivese renunciado á matrícula no curso anterior, precisa preinscribirse e agardará á adxudicación de prazas antes de poderse matricular. Teña en conta que os prazos de preinscrición e matrícula varían segundo o idioma e o curso ao que accede.

A matrícula oficial está regulada pola circular de matrícula anual que envía a Consellería.
EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599