EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Admisión do alumnado / Información Xeral / Matrícula Libre

Información Xeral Matrícula Libre

A matrícula en modalidade libre está dirixida ao alumnado que só quere presentarse ás probas que teñen lugar en convocatoria única no mes de xuño para certificar a súa competencia nas linguas que ofrece a EOI de Vigo.

As certificacións do Marco europeo común de referencia para as linguas que ofrece o noso centro son: A2 (nivel básico), B1 (nivel intermedio), B2 (nivel avanzado, agás chinés) e C1 (francés, galego, inglés e portugués)

Se está considerando matricularse para facer as probas de certificación deberá ter en conta o seguinte:
  • é preciso ter cumpridos os 16 anos antes do 31 de decembro do ano de celebración das probas, ou 14 anos para calquera idioma diferente ao que estea a cursar como 1.ª lingua estranxeira na ESO;
  • non é posible obter o certificado dun nivel equivalente a outro xa cursado no anterior plan de estudos de EOI;
  • non é necesario superar o exame de certificación dun nivel inferior para poder presentarse a un de nivel superior coa excepción do exame de certificación do nivel C1;
  • o alumnado que se matricula en nivel C1 deberá presentar un certificado de ter superado o nivel B2 ou certificado de aptitude obtido nunha escola oficial de idiomas. No caso do idioma inglés, tamén será válido o certificado acreditativo da validación do "Certificate of Proficiency" emitido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte;
  • non hai límite de convocatorias en modalidade libre;
  • non se certifican horas de formación en modalidade libre;
  • o alumnado na modalidade libre só se poderá presentar ás probas en xuño, polo tanto debe comprobar se se pode presentar ás probas nas datas establecidas antes de matricularse, non se devolven as taxas.
Para obter información completa sobre as características das probas de certificación, consulte as guías para persoas candidatas.

A matrícula libre está regulada pola circular 1/2017 da Dirección Xeral de Educación.

Hai dispoñíbeis modelos de probas de certificación das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.

Infórmese no ficheiro en baixo das datas dos exames de certificación. As datas das probas son inamovibles.
 
EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599