EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Admisión do alumnado / Matriculación Oficial / Pagamento das taxas

Pagamento das taxas

Procedemento para aboar as taxas
Pode efectuar o pagamento das taxas de dous xeitos diferentes:

Nas ENTIDADES BANCARIAS:
Retire o impreso de liquidación de taxas na conserxería do centro e encha os espazos destinados aos seus datos persoais. Tamén pode xerar un impreso estándar Modelo AI. Pode ver aquí un modelo de impreso.

Marque o importe de matrícula que lle corresponde aboar dependendo do tipo de alumnado. Teña en conta que debe marcar correctamente este importe porque non se pode solicitar ningunha devolución de taxas debido a un erro do propio alumno/a. (O alumnado poderá aboar a totalidade dos prezos públicos no momento de formalizar a matrícula, ou ben fraccionar o pagamento en dous prazos: 50% no momento de presentar a matrícula e o resto durante o mes de xaneiro do ano seguinte. Só se pode fraccionar as contías referidas ao concepto de matrícula. En todo caso, deberá indicar no impreso a opción elixida. No caso de fraccionar debe presentar o documento para o pago do segundo prazo, cuberto cos 20 díxitos da conta bancaria para a domiciliación, e asinado xunto co certificado do IBAN, no que figure o nome do alumno/a que fracciona. A falta de pagamento do segundo prazo producirá automáticamente a anulación da matrícula e suporá a perda das cantidades aboadas.)

Efectúe o pagamento presencialmente nunha das entidades bancarias habilitadas para tal efecto (Abanca, BBVA, Banco Sabadell, Banco Santander, Bankia, Caixa Geral de depositos, Caja Rural de Lugo, Caja Rural de Zamora, Evo Banco S.A., Ibercaja, La Caixa, Targobank)

Presente os dous resgardos que lle devolva o banco na secretaría do centro xunto co resto da documentación de matrícula.

 
Por INTERNET (con tarxeta)
Acceda á Oficina virtual tributaria da Consellería de Facenda e siga esta ruta: Servizos de acceso libre:
→Taxas, prezos, multas e sancións → Pagamento telemático de taxas e prezos → Iniciar (botón azul na dereita da pantalla).
Indique os seus datos persoais e os códigos de tramitación e dea a orde de pagamento. Comprobe ben o importe que debe aboar, pois non existe a posibilidade de devolución de taxas.

A aplicación xeraralle un xustificante de pagamento modelo 730 que deberá entregar na secretaría do centro xunto co resto da documentación da matrícula.

No caso de que deba retomar a operación, a aplicación xeraralle un código de verificación CSV que envía ao seu correo electrónico. Debe acceder de novo á Oficina virtual tributaria:
→Servizos de acceso libre →Taxas, prezos, multas e sancións→ Operacións realizadas
 
Códigos de tramitación
Consellería: Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: 07
Delegación: Vigo 41
Servizo: Ensino Medio 03
Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas 350800

 

EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599