EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Admisión do alumnado / Matriculación Oficial / Formalización da matrícula

Formalización da matrícula

Comprobe que presenta toda a documentación. Non se recollerá ningunha matrícula incompleta. O alumnado que non presente toda a documentación na secretaría do centro no prazo establecido, perderá o dereito á praza asignada.

Para formalizar a súa matrícula todo o alumnado deberá presentar no prazo indicado:
 
  • Resgardo da reserva de praza que emite a aplicación en-liña (emite dúas copias automaticamente).
  • Comprobante de ter aboado as taxas, debidamente cumprimentado. Son válidos o modelo E, o modelo AI e o modelo 730 e o modelo 731.
  • No caso de fraccionar o pagamento da matrícula, o documento para o pago do segundo prazo, cos 20 díxitos da conta bancaria para a domiciliación do pago fraccionado, cuberto e asinado, xunto co certificado da conta bancaria, onde conste o IBAN e a tutilaridade do alumno/a.
  • Orixinal e copia dos xustificantes de exención de taxas, de ser o caso.
  • Orixinal e copia do xustificante de acceso directo a cursos distintos de A1 por titulación ou validación, de ser o caso.
  • Certificación académica da escola de orixe, se é un traslado de expediente.
  • Xustificante da 1ª lingua que cursa na ESO para o alumnado menor de 16 anos (ata o 31 de decembro).
  • Protocolo de menores xunto co DNI do pai/nai/titor(a), se é o caso.
  • Solicitude de adaptacións das probas para as persoas con discapacidade xunto coa documentación acreditativa, se é o caso.
O alumnado que se matricula por primeira vez na EOI de Vigo, así como o que procede de That's English! debe presentar, tamén:
  • Orixinal e fotocopia do DNI ou NIE

 
EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599