EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Admisión do alumnado / Matriculación Libre / Formalización da matrícula

Formalización da matrícula

Documentación que se debe presentar para formalizar a matrícula en modalidade libre

Todo o alumnado deberá presentar, no prazo indicado:
  • Resgardo de matrícula libre que emite a aplicación en-liña (emite 2 copias automaticamente)
  • Comprobante do pagamento das taxas
  • Orixinal e copia do xustificante do dereito á exención de taxas, se é caso
  • Os menores de 16 anos a 31 de decembro, certificado no que se faga constar a 1.ª lingua cursada na ESO no presente curso consonte o modelo (anexo IV)
  • O alumnado que se matricula en nivel C1 deberá presentar un certificado de ter superado o nivel B2 ou certificado de aptitude obtido nunha escola oficial de idiomas. No caso do idioma inglés, tamén será válido o certificado acreditativo da validación do "Certificate of Proficiency" emitido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
  • O alumnado procedente dos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) deberá aportar o documento de realización do dito curso emitido polo CFR, onde conste que a persoa cumpriu co requisito de asistencia
  • Certificación académica da EOI de orixe se estivo previamente matriculado nalgunha outra EOI e fai un traslado de expediente
  • Solicitude de adaptación das probas para as persoas con discapacidade xunto coa documentación acreditativa, se é o caso
O alumnado que se matricula por primeira vez na EOI de Vigo:
  • Orixinal e fotocopia do DNI/NIE/pasaporte

EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599