EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Admisión do alumnado / Información Xeral / Información sobre as taxas

Información sobre as taxas

Taxas
Os prezos públicos das EEOOII de Galicia están regulados polo Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG núm. 114 publicado o 17 de xuño de 2013)
A matrícula para un ano académico dun só idioma custa entre 0 e 127 €, dependendo do tipo de alumnado e das exencións ás que poida ter dereito.

Desagregación de conceptos
Apertura de expediente académico: 22 € (págao o alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia)
Servizos xerais: 13 € (págao o alumnado oficial unha soa vez por curso escolar independentemente do número de idiomas cursados)
Matrícula por cada idioma en réxime oficial: 92 €
Matrícula por idioma en réxime libre (convocatoria única en xuño): 46 €
Proba de clasificación: 17 €
Cursos especializados para o perfeccionamento de idiomas de nivel C1: 92 €
Cursos de actualización e especialización para público en xeral (por hora): 1,5 €

Exencións e bonificacións
Todas as bonificacións e exencións deben ser acreditadas polo alumno/a no momento de formalizar a matrícula presentando orixinal e copia da documentación correspondente.
Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%
Familias numerosas de categoría xeral: bonificación do 50% do importe total
Persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%
Vítimas de actos terroristas, cónxuxes e fillas/os: exención do 100%
Alumnas vítimas de violencia de xénero e fillos/as: exención do 100%
Funcionarias/os dos corpos docentes: exención do pagamento dos prezos públicos agás os correspondentes á apertura de expediente e servizos xerais, unicamente nas materias de nova matriculación (os repetidores perden a exención)
Bolsas para estudos de idiomas: deberá acreditarse coa documentación xustificativa de ter solicitado a axuda ou bolsa para estudos de idiomas. Unha vez resolta a convocatoria, o alumnado beneficiario deberá presentar a súa credencial de bolseiro na secretaría do centro. En caso de non resultar beneficiario, o alumnado deberá aboar os prezos correspondentes á matrícula, á apertura de expediente, aos servizos xerais xunto cos xuros de demora correspondentes que efectuará nun único pagamento no prazo dun mes desde a publicación da resolución pola que se conceden ou denegan as bolsas. No caso de non efecturar o pagamento procederase á anulación da matrícula.
 
Exemplos de taxas
 
MODALIDADE OFICIAL
 Tipo de alumnado 1 idioma 2 idiomas 3 idiomas Proba de clasificación
 Alumnado ordinario novo (1) 127 219 311 17
 Alumnado ordinario antigo (1) 105 197 289 17
 Familia numerosa xeral novo (1) 63.50 109.50 155.50 8.50
 Familia numerosa xeral antigo (1) 52.50 98.50 144.50 8.50
 Familia numerosa especial
 vítimas de actos terroristas, cónxuxes e fillos/fillas
 alumnas vítimas de violencia de xénero e fillos/fillas
0 0 0 0
 Minusvalías >= 33% 0 0 0 0
 Funcionaria/o docente nova/o (1,2) 35 35 35 0
 Funcionaria/o docente antiga/o (1,2) 13 13 13 0
 (1) Por alumnado “novo” enténdese o alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia, se pola contra estivo xa matriculado nalgunha EOI de Galicia considérase “antigo”
 (2) As/Os funcionarias/os docentes só teñen exención na primeira matrícula para cada idioma e curso, non é de aplicación no caso de que repita curso
 
MODALIDADE LIBRE
 Tipo de alumnado 1 idioma 2 idiomas 3 idiomas
 Alumnado ordinario novo (1) 68 114 160
 Alumnado ordinario antigo (1) 46 92 138
 Familia numerosa xeral novo (1) 34 57 80
 Familia numerosa xeral antigo (1) 23 46 69
 Familia numerosa especial
 vítimas de actos terroristas, cónxuxes e fillos/fillas
 alumnas vítimas de violencia de xénero e fillos/fillas
0 0 0
 Minusvalías >= 33% 0 0 0
 Funcionaria/o docente nova/o (1,2) 22 22 22
 Funcionaria/o docente antiga/o (1,2) 0 0 0
 (1) Por alumnado “novo” enténdese o alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia, se pola contra estivo xa matriculado nalgunha EOI de Galicia considérase “antigo”
 (2) As/Os funcionarias/os docentes só teñen exención na primeira matrícula para cada idioma e curso, non é de aplicación no caso de que se repita

 
EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599