EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Estudos na EOI / Exames / Que exames podo realizar / Proba de Certificación

Proba de Certificación

Exames para alumnado  libre e alumnado oficial, CUALE e CALC de cursos terminais de nivel:
 
  • Básico 2 e básico integrado (A2)
  • Básico 3 de chinés e xaponés (A2)
  • Intermedio 2 e intermedio integrado (B1) 
  • Intermedio 3 de chinés e xaponés  (B1)
  • Avanzado 2 e avanzado integrado (B2)
  • C1 de inglés, francés, galego e portugués
Os exames de certificación das  Escolas Oficiais de Idiomas teñen como referencia os niveis do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER)

As probas de certificación de nivel básico teñen como referencia o nivel de competencia A2 do MCER e o currículo do nivel básico publicado como anexo I do Decreto 191/2007.

As probas de certificación de nivel intermedio teñen como referencia o nivel de competencia B1 do MCER e o currículo do nivel intermedio publicado como anexo II do Decreto 191/2007

As probas de certificación de nivel avanzado teñen como referencia o nivel de competencia B2 do MCER e o currículo do nivel avanzado publicado como anexo I do do Decreto 239/2008.7

As probas de certificación de nivel C1 teñen como referencia o nivel de competencia C1 do MCER e o currículo do nivel C1 publicado na Orden EDU/3377/2009, de 7 de decembro de 2009

Modelos de probas anteriores

Na EOI de Vigo poden obterse as seguintes certificacións con validez oficial en todo o territorio español:
 
GALEGO, INGLÉS, FRANCÉS E PORTUGUÉS: Nivel básico, nivel intermedio, nivel avanzado e nivel C1
ALEMÁN, ESPAÑOL, ITALIANO E XAPONÉS: Nivel básico, nivel intermedio e nivel avanzado
CHINÉS: Nivel básico e nivel intermedio

Nas SECCIÓNS non se realizan probas para todos os idiomas e niveis. As probas que se realizarán nas seccións son as seguintes:
 
 Sección  Probas
 Cangas  INGLÉS: Nivel básico, nivel intermedio e nivel avanzado
 FRANCÉS: Nivel básico e nivel intermedio
 Coia  As probas de certificación se realizan na sede central
 Nigrán  INGLÉS: Nivel básico, nivel intermedio e nivel avanzado
 Ponteareas    INGLÉS: Nivel básico, nivel intermedio e nivel avanzado
 Redondela  INGLÉS: Nivel básico, nivel intermedio e nivel avanzado
 Tui  INGLÉS: Nivel básico, nivel intermedio e nivel avanzado
 FRANCÉS: Nivel básico e nivel intermedio
 PORTUGUÉS: Nivel básico, nivel intermedio e nivel avanzado
 

LUGAR DOS EXAMES DE CERTIFICACIÓN
O alumnado matriculado na EOI de Vigo, sede central e na sección de Coia
realizará os exames de certificación na sede central da EOI de Vigo:

Rúa Emilio  Martínez Garrido, 17
36205 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986260210
Correo electrónico:  eoi.vigo@edu.xunta.es

O alumnado matriculado nas  seccións de Cangas, Nigrán, Ponteareas, Tui e Redondela realizará os exames na sección onde teña feita a matrícula.

DATAS DAS PROBAS ESCRITAS DE CERTIFICACIÓN
Consulte aquí as datas das probas escritas de certificación de xuño de 2017 segundo o Anexo VI da Circular 1/2017.
As datas das probas orais e revisións publicaranse en canto poidan ser acordadas polos departamentos da escola.
EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599