EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Estudos na EOI / Exames / Que exames podo realizar / Proba Final de Promoción

Proba final de promoción

Exames finais para alumnado oficial de cursos non terminais de nivel:
 
  • Básico 1
  • Intermedio 1
  • Avanzado 1
  • Básico 1 e 2 de chinés e xaponés
  • Intermedio 1 e 2 de chinés e xaponés
a) Nos cursos non terminais de nivel (Básico 1, Básico 2 de chinés e xaponés, Intermedio 1, Intermedio 2 de chinés e xaponés, avanzado 1) o alumnado realizará unha proba final global elaborada polo correspondente departamento, que avaliará o grao de consecución dos obxectivos do curso. Esta proba realizarase ao finalizar o curso en convocatoria ordinaria  e nos primeiros dez días de setembro en convocatoria extraordinaria.

b) A proba final  de promoción terá un valor de 100 puntos e 25 puntos en cada unha das súas catro partes (comprensión oral, comprensión escrita, expresión oral e expresión escrita).

c) A proba final  de promoción terá un valor porcentual do 70% respecto da cualificación final do curso. No caso de que a cualificación da proba final de promoción sexa superior á da proba de progreso, prevalecerá aquela. Terá un valor do 100% para o alumnado que perda o dereito á avaliación continua por superar o 20% de faltas sen xustificar.

d) A participación do alumando na aula e a valoración positiva do seu rendemento poderá supor ata un 10% da cualificación final do curso, no caso de non perder o dereito a avaliación contínua.

e) Para promocionar de curso dentro do mesmo nivel o alumnado terá que acadar, polo menos, 15 puntos en cada unha das destrezas. Non obstante o alumnado promocionará de curso cando, non tendo superado unha das destrezas, acade un mínimo de 10 puntos nela e 60 puntos na totalidade da proba.

f) Na convocatoria extraordinaria de setembro o alumnado só terá que examinarse das destrezas non superadas na convocatoria ordinaria de xuño. Esta proba terá un valor do 100% para todo o alumnado.

g) De non obter a cualificación final  de apto na convocatoria extraordinaria, o alumnado oficial deberá repetir curso e ser avaliado de novo de todas as destrezas.

h) As caracterísiticas das probas de promoción e criterios de avaliación figuran nas programacións de curso dispoñibles na páxina web da escola, na sección dos respectivos departamentos.

 
EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599