EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Estudos na EOI / Exames / Que exames podo realizar / Proba parcial de Progreso

Proba parcial de Progreso

Exames parciais de febreiro para alumnado oficial de todos os cursos
 
a) Os departamentos didácticos realizarán esta proba ao alumnado presencial dos cursos non terminais ao finalizar o primeiro cuadrimestre.
b) A proba parcial de progreso terá un valor total de 100 puntos, e 25 puntos cada unha das súas catro partes: comprensión oral, comprensión escrita, expresión oral e expresión escrita.
 
Nos cursos non terminais de nivel (Básico 1, Básico 2 de chinés e xaponés, Intermedio 1, Intermedio 2 de chinés e xaponés, avanzado 1) esta proba proba terá un valor porcentual do 30% respecto da cualificación final. O alumnado que supere un número de faltas sen xustificar superior ao 20% das horas totais do curso perderá o dereito a que se teña en conta a cualificación da proba de progreso do mes de febreiro e á valoración da súa participación nas actividades lectivas. En todo caso, o alumnado terá dereito a realizar a proba final de promoción.
 
c) Os departamentos didácticos realizarán esta proba ao alumnado presencial dos cursos  terminais (Básico 2, Básico 3 de chinés e xaponés, intermedio 2, intermedio 3 de chinés e xaponés e avanzado 2) ao finalizar o primeiro cuadrimestre. Nos cursos terminais de nivel terá unicamente valor orientativo para o alumnado.
 

EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599