EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
O Centro / Biblioteca / Normas da biblioteca

Normas da biblioteca

NORMAS DA BIBLIOTECA (Curso 2016-17)
 
  • Ficha de lector/a: O alumnado matriculado nos cursos oficiais da escola xa ten feita a ficha de lector na base de datos. O alumnado matriculado nas seccións ou nos cursos do CFR, CALC, That’s English!, CELGA ou Linguaxe Administrativa ten que traer unha certificación da secretaría da EOI ou do CFR que acredite a súa matriculación na escola. Para acceder á súa ficha, o/a lector/a ten que dar o seu número de DNI coa letra (ou o número do documento co que se matriculou na escola).
  • Identificación: Para utilizar o servizo de empréstito o/a usuario/a ten que presentar sempre un documento de identificación: DNI, pasaporte, carné de conducir, carné da escola, ou outros que inclúan foto.
EMPRÉSTITO NA SALA
Se desexa usar o material só temporalmente na sala ou o material só de consulta (dicionarios, enciclopedias, libros de texto, gramáticas, outros, que están nos andeis centrais con rodas) é necesario entregar un documento oficial: DNI, pasaporte, carné de conducir ou documento oficial do país de procedencia. Non é necesario para o uso dos ordenadores no 2º andar.
  • Diríxase á persoa encargada para pedirlle o material e entregue o documento de identificación.
  • Só se pode usar este servizo mentres haxa unha persoa encargada e debe devolver o material antes de que acabe a súa quenda, se non hai ninguén que a substitúa.
  • Cando devolva o material, non esqueza pedir que lle devolvan o documento de identidade.
 
EMPRÉSTITO PARA CASA
  • Non se poden facer ningún tipo de reservas.  
  • En xeral, os fondos da biblioteca poden ser consultados no enlace que se atopa na páxina web da EOI de Vigo.  Aviso importante: Nunca prema no enlace “reservar exemplar” porque se bloquea o material no programa e logo non se pode emprestar. Pódense consultar os fondos das lecturas adaptadas de Inglés, Francés e Español para Estranxeiros nas carpetas dispoñibles na sala.
  • Unha vez elixido o material, poderá pedirllo á persoa encargada e este quedará rexistrado na súa ficha de lector/a. Só a persoa encargada pode ter acceso aos andeis das vitrinas.
  • Poderá levar emprestadas un máximo de dúas obras.
  • O empréstito farase por 15 días. Se é necesario, poderá anovarse só unha vez por outros 15 días. Non se pode renovar por teléfono e hai que traer o material emprestado á biblioteca porque hai que poñer a nova data de devolución do material indicando a renovación.
  • Penalizarase o retraso na devolución: Perderase o dereito a levar material emprestado por tantas semanas como días de retraso haxa na devolución. Contabilízanse só os días lectivos.
  • A devolución farase no horario de atención ao público. Excepcionalmente, se por algunha causa a persoa encargada non se atopase na biblioteca no seu horario e se lle acabase o prazo de devolución, non deixe o libro na mesa (penalizarase se o fai), déixeo no buzón a carón da porta ou na Conserxería.
  • Vostede é responsable de devolver o material en perfecto estado. Se ve que está deteriorado ou falta algo, avíseo antes de levalo emprestado. O/A usuario/a deberá repoñer ou pagar a reposición do material.
  • O servizo de empréstito empeza 5 minutos despois da chegada da persoa encargada e 10 minutos antes do remate da súa quenda para dar tempo a recolocar o material. Respecte os horarios.
  • Se o ordenador non funciona, se non se trae documento de identidade, se hai algún problema coa ficha ou se o material está deteriorado, o empréstito non poderá facerse o nese momento.
  • Para calquera dúbida sobre o material do idioma que desexe, diríxase á súa profesora ou ao seu profesor. Para calquera suxestión sobre o servizo déixea no buzón de suxestións na web da EOI.
  • Por favor, respecte as normas.
 
GRAZAS POR COLABORAR NO BO USO DO SERVIZO E A CONSERVACIÓN DO MATERIAL

EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599