EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
O Centro / Biblioteca / Alumnado colaborador

Alumnado colaborador da biblioteca

O servizo de empréstito na biblioteca da EOI de Vigo lévase a cabo en gran medida grazas a colaboración do ALUMNADO COLABORADOR. Se este cumpre o seu labor adecuadamente poderá obter a finais de curso unha bolsa de estudos.

Tarefas do alumnado colaborador de biblioteca: Préstamos e devolucións
  • Encargarse de préstamos e devolucións. Seguir con rigor as intruccións para empréstito e devolución de material.
  • Consulta de libros: instrúe aos usuarios e alumnado en xeral sobre como consultar os libros dispoñibles en Internet ou nas fotocopias das carpetas de Lecturas Adaptadas. Axuda ao alumnado que non saiba usar os computadores.  
  • Libros recomendados: Cando o alumnado pide recomendación de libros, indicalles a pestana Biblioteca, “Suxestións de lectura”, que aparecen na páxina web da EOI. Indícalles como facer recomendacións ou ler as recomendacións doutros no taboleiro disposto para ese fin na sala de empréstito da biblioteca. 
  •  Comprobar o estado do material. Non prestar material que non estea completo ou en boas condicións. Comprobar que os libros que teñen audio marchan e veñen con todos os CDs correspondentes. Comprobar que o etiquetado é correcto. 
  • Manter a biblioteca ordenada, especialmente manter a orde nos andeis para poder atopar facilmente o material.  
  • Axudar ao profesorado a colocar os libros novos que traen para a biblioteca.
 Proceso e criterios de selección do alumnado colaborador

O alumnado que estea interesado en formar parte do equipo de ALUMNADO COLABORADOR ten que encher o impreso que se entrega na Conserxería ou que pode descargarse da páxina web aquí e entregalo na Secretaría.

Para a selección:
- Ten prioridade o alumnado colaborador que traballou adecuadamente o curso anterior. 
- Alumnado con experiencia ou estudos relacionados coas bibliotecas. 
- Referencias dos seus profesores.
- Expediente académico na EOI.
- Orde de inscrición.
- Facilidade para contactar. Se non obtemos resposta rápida da persoa, chámase a seguinte en todos os casos. É imprescindible facilitar un teléfono móvil e un enderezo de email.
 
Información sobre a obtención da bolsa para o ALUMNADO COLABORADOR.
EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599