EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
O Centro / Biblioteca / Recomendacións de lectura

Recomendacións de lectura

Plan Anual de Lectura:
Plan de fomento da lectura (FL) e das habilidades no uso e tratamento da información.

Todos os departamentos da EOI de Vigo inclúen nas súas programacións a recomendación xeral de lectura e uso dos medios de comunicación para fomentar a aprendizaxe do idioma, a inmersión cultural na lingua de aprendizaxe, o dominio e procesamento da información, o desenvolvemento das habilidades no uso das TIC e da alfabetizción informacional (ALFIN). Todas esas recomendación artellan o Plan Anual de Lectura.
 
Recoméndase ao alumnado integrar dun xeito regular a lectura no seu proceso de aprendizaxe das linguas e incorporala na lingua que está a aprender á súa actividad habitual, na medida do posible.
 
Para facilitar dita integración dende as clases anímase a facer uso da biblioteca, que trata de fomentar a lectura a través de diversas iniciativas e actualizando e incorporando novos títulos de distintos xéneros así como material audiovisual de diversa temática. O alumnado pode coñecer o fondo bibliográfico premendo nos enlaces de Consultas na pestana de Biblioteca da parte superior desta web ou no enlace  http://www.eoidevigo.org/biblioteca.
 
Así mesmo, para facilitar o acceso a calquera tema de interese e para desenvolver as habilidades no uso e tratamento da información recomendamos entrar nos enlaces  á medios de comunicación escritos e audiovisuais, sinalados con FL, suxeridos na sección de Recursos de autoaprendizaxe de cada lingua:

- Recursos de autoaprendizaxe de ALEMÁN
- Recursos de autoaprendizaxe de CHINÉS
- Recursos de autoaprendizaxe de ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS
- Recursos de autoaprendizaxe de FRANCÉS
- Recursos de autoaprendizaxe de GALEGO
- Recursos de autoaprendizaxe de INGLÉS
- Recursos de autoaprendizaxe de ITALIANO
- Recursos de autoaprendizaxe de PORTUGUÉS
- Recursos de autoaprendizaxe de XAPONÉS

Actividades de aproveitamento das lecturas:

Aproveitamento lectura_A1_Básico_Inglés
Aproveitamento lectura_B1_Intermedio_Inglés


Recomendacións específicas por idiomas:
Archivos
EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599