EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Internacionalización e proxectos europeos / eTwinning / Proxecto "Spring / Easter wishes"

Selo de calidade en España e Portugal para o proxecto eTwinning 'Spring / Easter wishes'

O proxecto eTwinning "Spring / Easter wishes" de colaboración escolar en Europa coordenado pola profesora da EOI de Vigo Patricia Conde durante o curso académico 2016-17 obtivo o selo de calidade en España e Portugal.

Selo de calidade en España e Portugal
 

O proxecto contou coa participación de  de centros educativos de Portugal e de Galicia (alumnado de inglés da Escola Secundária D. Inês de Castro en Alcobaça, alumnado de español do IES Álvaro Cunqueiro en Vigo e alumnado de Inglés da EOI de Vigo) así como de alumnado de español dun centro educativo da Suecia (Björknäsgymnasiet, Boden). O proxecto permitiu aos participantes unha aproximación intercultural e facer práctica linguística co intercambio de postais e comentarios en liña sobre a primavera e/ou a Pascua e as celebracións asociadas nos respectivos países, de forma inclusiva e independente da relixión ou orixe cultural de cada persoa.
EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599