EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Estudos na EOI / Cursos ordinarios

Cursos ordinarios

O plan de estudos articúlase nos seguintes niveis:
 
a) Nivel básico, equivalente ao nivel A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECRL)
b) Nivel intermedio, equivalente ao nivel B1 do MECRL.
c) Nivel avanzado, equivalente ao nivel B2 do MECRL.
d) Nivel C1, equivalente ao nivel C1 do MECRL.

 
O nivel básico desenvólvese en un, dous ou tres cursos académicos dependendo do idioma:
  • Alemán, francés, inglés, italiano: dous cursos académicos (Básico 1 e Básico 2)
  • Chinés e Xaponés: tres cursos académicos (Básico 1, Básico 2, Básico 3)
  • Portugués e galego: un curso académico (Básico integrado)
  • Español: un ou dous cursos académicos (Básico1, Básico 2 ou Básico integrado) 

O nivel intermedio desenvólvese en un, dous ou tres cursos académicos dependendo do idioma:
  • Alemán, español para estranxeiros, francés, inglés, italiano: dous cursos académicos (Intermedio 1 e Intermedio 2)
  • Chinés e Xaponés: tres cursos académicos (Intermedio 1, Intermedio 2, Intermedio 3)
  • Portugués e galego: un curso académico (Intermedio integrado)
  • Español: un ou dous cursos académicos (Intermedio 1, Intermedio 2 ou Intermedio integrado) 
 
O nivel avanzado desenvólvese en un ou dous cursos académicos dependendo do idioma:
  • Alemán, chinés, francés, inglés, italiano, portugués, xaponés: dous cursos académicos (Avanzado 1 e Avanzado 2)
  • Chinés e Xaponés: tres cursos académicos (Avanzado 1, Avanzado 2, Avanzado  3)
  • Galego e español para estranxeiros: un curso académico (Avanzado integrado) 

O nivel C1 desenvólvese nun curso académico. A partir do curso 2017-18, impartese nos idiomas  galego, inglés, francés, portugués e italiano.
 

Os cursos ordinarios poden ser:
  • anuais: 130 horas de duración, de setembro a xuño distribuídas en tres sesións semanais de 1h 30 min ou dúas sesións semanais de 2h 15 min.
  • intensivos: 130 horas de duración, de setembro a febreiro ou de febreiro a xuño. No presente curso académico non se ofertan grupos intensivos.
  • Integrados: (só no caso de español, galego e portugués): 130 horas de duración, de setembro a xuño, distribuídas en tres sesións semanais de 1h 30 min ou dúas sesións semanais de 2h 15 min. O currículo de impártese nun ano académico.

Certificacíons oficiais:
Ao rematar cada nivel e superar as probas de avaliación de certificación o alumnado obtén o certificado oficial correspondente:
  • Nivel básico: certificado de nivel básico (A2 do MECRL).
  • Nivel intermedio: certificado de nivel intermedio (B1 do MECRL).
  • Nivel avanzado: certificado de nivel avanzado (B2 do MECRL).
  • Nivel C1: certificado de nivel C1 (C1 do MECRL 

Existe a posibilidade de obter os certificados de todas as linguas e niveis que se imparten no centro pola modalidade libre realizando as probas que se convocan anualmente durante o mes de xuño. Consulte a sección “Admisión de alumnado“ para máis información.
 
 
Validez das titulacións das EOI
 
As certificacións que expiden as EOI son titulacións de recoñecido prestixio no mundo laboral e profesional. Son as únicas titulacións oficiais válidas en todo o territorio español, expedidas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e polas comunidades autónomas con competencias educativas nas que se certifica o dominio dun nivel de competencia lingüística dunha lingua estranxeira ou das diferentes linguas autonómicas.

Estas certificacións son recoñecidas por distintos organismos oficiais como:
  • horas de formación para funcionarios de Galicia e das diferentes comunidades autónomas
  • horas de formación permanente para o profesorado (sexenios, concursos, concesións de bolsas, intercambios, proxectos europeos), (Orde do 1 de marzo de 2007, DOG do 14 de abril)
  • méritos en concursos de traslados para funcionarios de Galicia e das diferentes comunidades autónomas do Estado español
  • méritos na fase de concurso-oposición para o acceso á función pública en territorio español
  • habilitación para impartir especialidades de linguas en educación primaria para funcionarios de carreira, segundo a Orde do 10 de abril de 1992 (DOG do 24 de abril).
  • habilitación para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Orde do 18 de febreiro de 2011, DOG do 26 de abril de 2011).

EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599