EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Admisión do alumnado / Matriculación Oficial / Solicitude de praza (Preinscrición)

Solicitude de Praza - Preinscrición

Alumnado de novo ingreso, é dicir, todo aquel que non continúe estudos desde o ano inmediatamente anterior, deberá seguir estes pasos:
 
1.- Preinscrición. Para preinscribirse debe acceder á aplicación en liña de preinscrición e seguir as instrucións contidas no Anexo III da Circular 3/2016. É importante que recorde o contrasinal de acceso e que encha correctamente todos os datos que se lle piden, pois serán os que figuren no seu expediente.
Pode modificar a súa preinscrición cantas veces queira ata o remate do seu período de preinscrición. Pode solicitar ata dous idiomas diferentes e catro horarios distintos por cada un dos idiomas.

2.- Adxudicación de prazas. Deberá esperar á adxudicación de prazas no día seguinte ao remate do prazo de preinscrición e, accedendo á mesma aplicación en liña de preinscrición, comprobar se foi admitido/a.

3.- Matrícula. Unha vez admitido/a, deberá matricularse desde a mesma aplicación en liña, segundo as instrucións da Circular.

4.- Pagamento das taxas. Comprobe o importe antes de facer a pagamento porque non existe a posibilidade de devolución de taxas.

5.- Formalización da matrícula. No prazo establecido, deberá presentar a documentación de matrícula na secretaría do centro na sede central no horario de atención ao público, agás o alumnado da sección de Tui que pode presentar a documentación na propia sección.


A matrícula non será efectiva ata que non se completen os 5 pasos.

Non debe facer preinscrición o alumnado oficial do curso 2016-17 que desexe continuar estudos no curso seguinte no mesmo idioma e escola.
Si debe facer preinscrición o alumnado non matriculado no curso 2016-17, o que renunciou á matrícula no 2016-17 e o matriculado no Nivel Avanzado que desexe continuar no Nivel C1.

OS ENLACES DE INSCRICIÓN E MATRÍCULA NON ESTARÁN ACTIVOS FÓRA DO CALENDARIO QUE PODE CONSULTAR AQUÍ


EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599