EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Admisión do alumnado / Matriculación Oficial / Formas de acceso

Formas de acceso

Nas EEOOII de Galicia pódese acceder na modalidade oficial de varios xeitos diferentes, segundo se teñan coñecementos previos do idioma que interesa ou non, seguindo o procedemento establecido de preinscrición e matrícula.
 
Se non ten coñecementos previos do idioma deberase matricular en básico 1.
Se ten coñecementos previos do idioma no que desexa matricularse pode acceder a un curso superior realizando unha proba de clasificación (proba de clasificación).
Se xa dispón dun título pode validalo e acceder directamente por titulación.

A partir do curso 2018-19 as convalidación de certificados de nivel rexiranse pola ORDE do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

A modo orientativo, pode realizar o test online DIALANG  antes de matricularse.
EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599