EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Admisión do alumnado / Matriculación Oficial / Procedemento Matrícula Oficial

Procedemento Matrícula Oficial

Alumnado oficial do curso 2015-16 que desexe continuar estudos no curso seguinte no mesmo idioma e escola, excepto o alumnado matriculado no Nivel Avanzado que desexe continuar no Nivel C1 deberá seguir estes pasos:
 
1.- Matrícula. Unha vez que teña a cualificación (apto en xuño ou apto/non apto/non presentado en setembro) debe matricularse segundo as instrucións do Anexo IV da Circular 3/2016, na aplicación en liña CentrosNET.
2.- Pagamento das taxas. Comprobe o importe antes de facer o pagamento porque non existe a posibilidade de devolución de taxas.
3.- Formalización da matrícula. No prazo establecido, deberá presentar a documentación de matrícula na secretaría do centro na sede central no horario de atención ao público, agás o alumnado da sección de Tui que pode presentar a documentación na propia sección.

A matrícula non será efectiva ata que non se completen os 3 pasos.
 
EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599