EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Admisión do alumnado / Matriculación Oficial / Proba de clasificación / Información Proba de clasificación

Proba de clasificación

A proba de clasificación está pensada para o alumnado que se quere matricular nos estudos oficiais da EOI e xa ten coñecementos previos.
Consiste nunha proba que diagnostica o seu nivel de coñecementos e lle dá acceso a un nivel determinado.

Debe saber que:
  • a proba de clasificación non certifica un nivel de lingua, só fixa un nivel de acceso para estudar na modalidade oficial
  • non outorga automaticamente unha praza; o alumnado debe seguir o procedemento establecido de preinscrición e adxudicación de prazas
  • non poderá facer a proba de clasificación o alumnado matriculado no mesmo idioma nos dous anos académicos inmediatamente anteriores á proba. O incumprimento deste punto dá lugar a que a proba quede anulada
  • a proba daralle acceso a un curso concreto e só a ese curso (non poderá matricularse nun curso nin superior nin inferior ao que indique a proba)
  • se a proba lle dese acceso a un nivel xa superado anteriormente, esta quedaría sen efecto
  • para facer a proba o alumnado deberá cumprir o requisito de idade das EEOOII (16 anos cumpridos antes do 31 de decembro do ano no que se matricula na proba se se trata da lingua que cursa como 1ª lingua estranxeira na ESO ou 14 anos se desexa facer a proba dun idioma diferente ao que cursa como 1.ª lingua estranxeira na ESO)
  • a matrícula e as probas de clasificación unicamente se realizan na sede central da EOI de Vigo, sita na avenida Martínez Garrido n.º 17, Vigo
A estructura da proba pode variar segundo o idioma pero sempre constará dunha parte escrita e outra oral.

CALENDARIO DAS PROBAS DE CLASIFICACIÓN para o curso 2018-19: a próxima convocatoria para facer a proba de clasificación será en setembro de 2018 entrre os días 10 e 11 dependendo do idioma. Publicaranse aquí as datas e horas cando estean establecidas.

CALENDARIO ESPECÍFICO PARA OUTRAS CONVOCATORIAS DAS PROBAS DE CLASIFICACIÓN DE ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS (serán publicadas ao principio do curso 2018-19)


CALENDARIO DE MATRÍCULA PARA AS PROBAS DE CLASIFICACIÓN de setembro 2018: do 3 ao 7 de setembro, ambos incluídos.

A taxa da proba de clasificación é de 17 € por cada idioma
(AGÁS: Familia numerosa categoría xeral 8,5 €; categoría especial 0 €; persoas con minusvalía igual ou superior a 33% 0 €; persoal funcionario docente 0 €).

Para formalizar a súa inscrición deberá:
  1. descargar o formulario de matrícula (un por cada idioma) e enchelo,
  2. aboar a taxa correspondente dunha das seguintes maneiras:
    1. pagamento telemático pola Internet a través dos servizos de acceso libre na Oficina Virtual Tributaria da Consellaría de Facenda (teña en conta os códigos),
    2. pagamento presencial nunha entidade bancaria:
      • obter o impreso de pagamento a través da Internet (teña en conta os códigos)
      • recoller o impreso na conserxería da EOI de Vigo.
  3. presentar na secretaría do centro, no horario de atención ao público e dentro do prazo establecido:
    1. o formulario de matrícula para a proba de clasificación
    2. o impreso de pagamento de taxas
    3. unha copia do seu DNI/NIE

Para ter unha idea aproximada do seu nivel pode realizar o test online DIALANG
EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599