EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Xestións administrativas / Solicitude de certificación académica

Solicitude de certificación académica

Para solicitar certificacións académicas ou de nivel básico e intermedio debe poñerse en contacto coa secretaría do centro en horario de atención ao público, ben presencialmente ou ben por teléfono. Teña en conta que a tramitación destes documentos pode levar varios días, especialmente en períodos de matrícula ou exames.

Os títulos de nivel avanzado emíteos a Consellería de Educación. A solicitude deste título ou o equivalente (certificado de ciclo superior no antigo plan de estudos) faise presencialmente na secretaría e esixe o pagamento dunha taxa de expedición (23,90€) que se entregará xunto cunha fotocopia do DNI/NIE.

O impreso que se precisa para tramitar a tarxeta de estudante de Vitrasa poden recollelo na conserxería do centro e entregalo na secretaría para a súa sinatura e selado.
EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599