EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Xestións administrativas / Traslado de expediente

Traslado de expediente ou matrícula viva

TRASLADO DE MATRÍCULA VIVA
Durante o curso escolar, se precisa cambiar de EOI (traslado de matrícula viva)debe ter en conta o seguinte:
  • Este traslado de matrícula pódese facer entre o 15 de outubro e o 30 de abril
  • Debe consultar na secretaría se hai prazas vacantes
  • Para tramitar o traslado debe achegar unha certificación académica da EOI de orixe e o xustificante de pagamento de taxas se vén dunha EOI de Galicia. Se procede dunha EOI de fóra de Galicia terá que aboar a totalidade das taxas de matrícula. Teña en conta que algunhas comunidades autónomas cobran taxas polos traslados (Asturias, Comunidade Valenciana, Cantabria, ...)

TRASLADO DE EXPEDIENTE
O alumnado que estivo matriculado en cursos anteriores noutra EOI distinta e desexa continuar os estudos na EOI de Vigo ten que seguir o procedemento de preinscrición e matrícula establecido e, á hora de formalizar a matrícula, deberá achegar unha certificación académica da EOI de orixe (lembre aboar as taxas de traslado na EOI de procedencia, se é o caso).
EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599