EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Alumnado / Xunta de representantes do alumnado

Xunta de Representantes do Alumnado



Xunta de Representantes do Alumnado

A xunta de representantes do alumnado está formada polos delegados e delegadas do alumnado oficial matriculado na modalidade presencial dos distintos grupos da escola e das seccións, e polos representantes do alumnado no consello escolar (Título IV do Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das EOI galegas).

Presidente da Xunta de Representantes no curso 2017-2018:   

Para contactar co presidente da Xunta de Representantes diríxanse por favor ás/aos delegadas/os do seu grupo ou ao correo: xuntadelegados@eoidevigo.org.

 

CONVOCATORIA DA XUNTA DE REPRESENTANTES DO ALUMNADO DA EOI DE VIGO

A Xunta de Representantes (delegados/as) do alumnado da EOI de Vigo terá lugar o día 20/11/2017 ás 20:00 h na Aula Magna da EOI de Vigo (Av. Martínez Garrido 17, Vigo), coa seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Presentación dos/as representantes do alumnado membros do Consello Escolar.

  2. Composición e competencias da Xunta de representantes.

  3. Elección do/a presidente/a, vicepresidente/a e secretario/a da Xunta de representantes.

  4. Elección dunha comisión de representantes das seccións.

  5. Elección de dous representantes do alumnado do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

  6. Rolda de intervencións

A xunta de representantes do alumnado está formada polos delegados e delegadas do alumnado oficial matriculado nos distintos grupos da escola e das seccións, e polos representantes do alumnado no consello escolar (Título IV do Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das EOI galegas).

13 novembro 2017

Xefatura de estudos EOI de Vigo


 
EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599