EOI Vigo
Xunta de Galicia
cabecera
Alumnado / Asociacións de alumnado

Asociación do alumnado

ASOCACIÓN DO ALUMNADO DA EOI DE VIGO: Información Xeral

QUEN SOMOS?

A Asociación do Alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo é unha entidade sen ánimo de lucro acollida ao disposto nas leis vixentes, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para mediar entre a escola e o alumnado así como para dinamizar aspectos relacionados coa vida estudantil.

A Asociación do Alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, AAEOI, dispón dun despacho no 3º andar do edificio da sede central da escola.

QUE FACEMOS?

  1. Intentaremos canalizar as demandas maioritarias dos estudantes da Escola no CONSELLO ESCOLAR, ante as autoridades educativas, ante os responsables municipais, a Xunta de Galicia ou ante calquera entidade relacionada coa Escola.

  2. Financiamos bolsas de estudo ao alumnado colaborador para ampliar o servizo de empréstito da biblioteca.

  3. Organizamos cursos especiais, non oficiais, en diferentes idiomas no inverno e no verán, en condicións moi vantaxosas para os asociados e familiares de asociados.

  4. Organizamos cursos de reforzo en diferentes idiomas para maiores de 15 anos, familiares ou vinculados a asociados.

  5. Fomentaremos actos culturais e celebracións na Escola a través dos órganos de participación e contribuíndo a financiar premios, concursos, celebracións culinarias, etc.

  6. Traballamos para conseguir vantaxes económicas para todo o alumnado asociado, aproveitando a importancia do colectivo cara a ofertas sociais e/ou comerciais. (Condiciones vantaxosas mediante descontos en actividades sociais, centros deportivos, aparcamentos próximos, cines etc.)

  7. Realizamos a promoción proactiva da Escola Oficial de Idiomas, defendendo a súa utilidade pública.

  8. Fomentamos accións solidarias: doazóns de sangue, colaboracións cos servizos sociais en favor de xente en risco de exclusión.


CÓMO FACERSE SOCIO?

Mediante o pago dunha cota por curso académico de 5 euros. Podes facelo dende o momento de formalizar a matrícula de varias maneiras:

  • Facendo un ingreso de 5 Euros na conta de ABANCA

Nº IBAN: ES68 2080 5216 8730 4000 2165
Especificar o nome completo e DNI no CONCEPTO e facernos chegar unha copia do DNI, copia do ingreso e nº de expediente da EOI ou copia do resgardo de matrícula.

  • Persoalmente no despacho da Asociación (3º andar) no seguinte horario:

martes e venres, de 12:00 a 13:30 horas

martes de 18:30 a 19:30 horas. .

  • Poñéndose en contacto coa Asociación por medio do seguinte teléfono:

635028460

Ou contacta con nós a través do enderezo electrónico:

asociaciondealumnado@hotmail.com


Consulta tamén: Facebook da Asociación de Alumnado da EOI de Vigo.


 
Cursos ofertados pola asociación para os sábados do inverno e primavera de 2018:
La imagen puede contener: texto
EOI Vigo
Escola Oficial de Idiomas de Vigo · Martínez Garrido 17 · 36205 Vigo
Correo: eoi.vigo@edu.xunta.es · Teléfono: 986 260 210 · Fax: 986 262 599