|
Criterios de selección de alumnado colaborador |
|
BIBLIOTECA
- O alumnado que quere formar parte do alumnado colaborador ten que encher o impreso que se entrega na Conserxería ou que pode descargarse da páxina web e entregalo na Secretaría.
- Ten prioridade o alumnado colaborador que traballou ben o ano anterior.
- Cos impresos que van chegando, faise unha listaxe por orde alfabética do primeiro nome.
- Van chamándose por orde alfabética ás persoas da listaxe ata completar o horario. As veces, especialmente se varias non contestan, comézase polo final.
- Se algunha persoa está moi interesada e chama ela ou preséntase, ténselle en consideración.
- Se algunha persoa abandona por problemas persoais, chámanse ás persoas que estaban moi interesadas, se quedan, e despois, séguese a listaxe das persoas que faltan chamar.
- NOTA: Na listaxe do alumnado colaborador contactado ou non anótanse todas as incidencias (por exemplo, N/C: non contesta; N/D: non dispoñible; F/C: fora de cobertura; mensaxe no contestador; pode unha semana si e outra non; non pode de mañá; non pode polas tardes; e finalmente, os que rexeitan a colaboración, a pesar de estar inscritos no impreso).
GRUPOS DE CONVERSA
Para o alumnado colaborador para a dinamización de grupos de conversación, séguense os mesmos criterios que co alumnado colaborador de biblioteca que se detallan enriba, coa excepción de que ten prioridade o alumnado nativo da lingua na que se ofrece o grupo de conversación, e sempre e cando, haxa alumnado que queira participar no grupo. |
|
|
Clique aquí para obter unha ficha de inscrición como alumno/a colaborador/a. Unha vez enchida, achéguea á secretaría. |
|
|
|
|
|