Acabaches o curso? Doa os teus libros ao Banco de Libros para que outros compañeiros/as poidan cursar os mesmos estudos coa túa axuda. A Asociación de Alumando en colaboración coa Escola de Idiomas pon en marcha a creación dun Banco de Libros para o alumnado. Se queres ceder os teus libros para que os teus compañeiros/as poidan usalos o próximo curso, dámosche a posibilidade de facelo de acordo coas normas seguintes: Entrega de doazóns de libros:
- A entrega farase no hall central ou no local da Asociación de Alumnado (3º andar).
- Cubrirase unha ficha de doazón.
- Poderase cubrir unha ficha de solicitude de reserva de libros doados para o seguinte curso.
- O alumnado que doa os libros ten preferencia de recibir libros do curso seguinte.
Recollida de libros do curso seguinte:
- Lugar: local da Asociación de Alumnado (3º andar da escola)
- Datas: durante o mes de setembro e outubro.
- Horario: martes e venres de 10.30-12.00h.
- O alumnado deberá presentar o resgardo de matrícula.
- Poderanse reservar libros que non estean no Banco de Libros para cando aparezan, mediante unha lista de espera.
|