EOI de Vigo
Banco de libros
Acabaches o curso?
Doa os teus libros ao Banco de Libros  para que outros compañeiros/as poidan cursar os mesmos estudos coa túa axuda. A Asociación de Alumando en colaboración coa Escola de Idiomas pon en marcha a creación dun Banco de Libros para o alumnado.
Se queres ceder os teus libros para que os teus compañeiros/as poidan usalos o próximo curso, dámosche a posibilidade de facelo de acordo coas normas seguintes:

Entrega de doazóns de libros:
  • A entrega farase no hall central ou no local da Asociación de Alumnado (3º andar).
  • Cubrirase unha ficha de doazón.
  • Poderase cubrir unha ficha de solicitude de reserva de libros doados para o seguinte curso.
  • O alumnado que doa os libros ten preferencia de recibir libros do curso seguinte.

Recollida de libros do curso seguinte:
  • Lugar: local da Asociación de Alumnado (3º andar da escola)
  • Datas: durante o mes de setembro e outubro.
  • Horario: martes e venres de 10.30-12.00h.
  • O alumnado deberá presentar o resgardo de matrícula.
  • Poderanse reservar libros que non estean no Banco de Libros para cando aparezan, mediante unha lista de espera.