EOI de Vigo

biblinormas

BIBLIOTECA DA EOI DE VIGO

  • Ficha de lector/a: O alumnado matriculado nos cursos oficiais da escola xa ten feita a ficha de lector na base de datos. O alumnado matriculado nos cursos non oficiais (CALC, Celga, etc.) ten que traer o resgardo de matrícula ou outra certificación da secretaría que acredite a súa matriculación na escola. Para acceder á súa ficha, o/a lector/a ten que dar o seu número de DNI coa letra. 
  • Identificación: Unha vez aberta a ficha de lector/a, para utilizar o servizo de empréstito o/a usuario/a ten que presentar sempre un documento de identificación: DNI, pasaporte, carné de conducir, carné da escola, ou outros que inclúan foto. 

EMPRÉSTITO NA SALA

Se desexa usar o material só temporalmente na sala ou material só de consulta (dicionarios, enciclopedias, libros de texto, gramáticas, outros) é necesario entregar un documento oficial: DNI, pasaporte, carné de conducir ou documento oficial do país de procedencia. Non é necesario para o uso dos ordenadores.

  • Diríxase á persoa encargada para pedirlle o material e entregue o documento de identificación.
  • Só se pode usar este servizo mentres haxa unha persoa encargada e debe devolver o material antes de que acabe a súa quenda, se non hai ninguén que a substitúa.
  • Cando devolva o material, non esqueza pedir que lle devolvan o documento.

EMPRÉSTITO PARA CASA

  • Non se poden facer ningún tipo de reservas.  
  • En xeral, os fondos da biblioteca poden ser consultados no enlace que se atopa na páxina web da EOI de Vigo.  Aviso importante: Nunca prema no enlace “reservar exemplar” porque se bloquea o material no programa e logo non se pode emprestar. Pódense consultar os fondos das lecturas adaptadas de Inglés nas carpetas dispoñibles na sala.
  • Unha vez aberta a ficha de lector/a, poderá pedirlle á persoa encargada o material e este quedará rexistrado na súa ficha de lector/a. Só a persoa encargada pode ter acceso aos andeis das vitrinas.
  • Poderá levar emprestadas un máximo de dúas obras.
  • O empréstito farase por 15 días. Se é necesario poderá anovarse só unha vez por outros 15 días. Lembre a data de devolución do material.
  • Penalizarase o retraso na devolución: perderase o dereito a levar material emprestado por tantas semanas como días de retraso haxa na devolución. Contabilízanse só os días lectivos.
  • A devolución farase no horario de atención ao público. Excepcionalmente, se por algunha causa a persoa encargada non se atopase na biblioteca no seu horario e se se lle acabase o prazo de devolución, non deixe o libro na mesa, déixeo na conserxería.
  • Vostede é responsable de devolver o material en perfecto estado. Se ve que está deteriorado ou falta algo, avíseo antes de levalo. O usuario/a deberá repoñer ou pagar a reposición do material.
  • O servizo de empréstito empeza 5 minutos despois da chegada da persoa encargada e 10 minutos antes do remate da súa quenda para dar tempo a recolocar o material. Respecte os horarios.
  • Se o ordenador non funciona, se non trae documento de identificación ou se hai algún problema coa ficha da obra, o material non poderá ser emprestado nese momento.
  • Para calquera dúbida sobre o material do idioma que desexe diríxase á súa profesora ou ao seu profesor. Para calquera suxestión sobre o servizo déixea no buzón de suxestións.
  • Por favor, respecte as normas.

Por favor, respecte as normas.

GRAZAS POR COLABORAR NO BO USO DO SERVIZO E A CONSERVACIÓN DO MATERIAL